B I B L I O G R A F Í A
50 anos da nosa vida, 1965 - 2015 de Carlos Noche Golpe
ASTANO: un estaleiro, unha vivencia de José Manuel Serantes Caínzos
Técnicas de construción naval de Primitivo B. González López

(Elexía de Carlos Noche Golpe)


O libro "ASTANO: un estaleiro, unha vivencia" foi presentado na Casa da Cultura de Fene o 7 de xuño de 2011.

Contén información sobre a nosa promoción, as características principais e o historial dos buques construídos, ademais dunha recompilación de mais de 700 fotos dos buques nel construídos.

Os libros foron editados pola Deputación da Coruña e distribuídos gratuitamente polo Concello de Fene.

Ao estar esta edición esgotada, no ano 2015 con motivo do 50 aniversario da nosa entrada en Astano, solicitamos á Deputación da Coruña unha edición ampliada para corrixir algún erro, engadir máis información, e cunha recompilación de mais de 900 fotos dos buques nel construídos.


Bibliotecas onde se pode atopar o libro
Publicacións nas que se fai referencia a nós ou ao libro

Recortes de prensa sobre a presentación do libro

Recortes de prensa sobre o 50 Aniversario


Técnicas de construción naval

Os nosos parabéns a Primitivo B. González López, enxeñeiro xubilado de Astano, pola terceira edición do libro Técnicas de construción naval, e o noso agradecemento polo exemplar que nos fixo chegar.